{"id":125466,"date":"2026-06-12T00:02:00","date_gmt":"2026-06-11T22:02:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.presos.org.es\/?p=125466"},"modified":"2026-06-02T06:45:28","modified_gmt":"2026-06-02T04:45:28","slug":"centro-social-okupado-autoxestionado-a-minoca-compostela","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/www.presos.org.es\/index.php\/2026\/06\/12\/centro-social-okupado-autoxestionado-a-minoca-compostela\/","title":{"rendered":"Centro Social Okupado Autoxestionado A Mi\u00f1oca, Compostela."},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image aligncenter size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"600\" height=\"338\" src=\"http:\/\/www.presos.org.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/a-minoca.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-125467\" style=\"width:600px\" srcset=\"http:\/\/www.presos.org.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/a-minoca.jpg 600w, http:\/\/www.presos.org.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/a-minoca-300x169.jpg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">A Mi\u00f1oca.<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-red-color has-text-color has-link-color wp-elements-1 wp-block-paragraph\" style=\"font-size:clamp(16.834px, 1.052rem + ((1vw - 3.2px) * 1.007), 26px);\"><strong>Movimiento Popular:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-vivid-purple-color has-text-color has-link-color has-medium-font-size wp-elements-2 wp-block-paragraph\"><strong>Centros Sociales Okupados y Autogestionados<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-3 wp-block-paragraph\" style=\"font-size:clamp(14.642px, 0.915rem + ((1vw - 3.2px) * 0.809), 22px);\"><strong>-CSOA A Mi\u00f1oca, creando barrio contra a especulaci\u00f3n inmobiliaria<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-4 wp-block-paragraph\" style=\"font-size:clamp(14px, 0.875rem + ((1vw - 3.2px) * 0.22), 16px);\"><strong>Abre as portas en Santiago de Compostela un novo centro social autoxestionado, o \u00fanico okupado de Galiza, para responder \u00e1 necesidade de vida comunitaria sen consumo.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-5 wp-block-paragraph\"><strong>Poucas criaturas son tan importantes para a sa\u00fade dos ecosistemas como as mi\u00f1ocas. Pequenas e rosadas, definidas moitas veces como feas e desagradables, as mi\u00f1ocas son as enxe\u00f1eiras silenciosas dos nosos solos. Ao airear o chan, mellorar a retenci\u00f3n da auga ou axudar a fertilizar as plantas, estes seres vivos soste\u00f1en, sen que se lles valore, parte da vida do planeta.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-6 wp-block-paragraph\"><strong>Os centros sociais nas nosas vilas e cidades fan un labor semellante. Crean espazos de encontro onde a veci\u00f1anza pode tecer comunidade e resistir ante unha l\u00f3xica que xa non ve os barrios como espazos de vida e coidados, sen\u00f3n de produtividade econ\u00f3mica. Por iso ten todo o sentido que o novo centro social okupado de Santiago de Compostela se chame as\u00ed: A Mi\u00f1oca.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image aligncenter size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"563\" src=\"http:\/\/www.presos.org.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/entrada.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-125468\" style=\"width:500px\" srcset=\"http:\/\/www.presos.org.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/entrada.jpg 1000w, http:\/\/www.presos.org.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/entrada-300x169.jpg 300w, http:\/\/www.presos.org.es\/wp-content\/uploads\/2026\/05\/entrada-768x432.jpg 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 1000px) 100vw, 1000px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">Edificio okupado.<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-7 wp-block-paragraph\" style=\"font-size:clamp(14px, 0.875rem + ((1vw - 3.2px) * 0.22), 16px);\"><strong>*Un punto de encontro no coraz\u00f3n de Compostela<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-8 wp-block-paragraph\"><strong>O Centro Social Okupado Autoxestionado Anarquista A Mi\u00f1oca local\u00edzase nun deses edificios que as veci\u00f1as de Compostela co\u00f1ecen, a\u00ednda que sexa de o\u00eddas. Esta nave at\u00f3pase moi preto da Sala Capitol e da librar\u00eda e sala de cinema Numax, e formou parte, durante anos, da vida do barrio de Sar.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-9 wp-block-paragraph\"><strong>\u201c\u00c9 un espazo hist\u00f3rico para o barrio, todo o mundo co\u00f1ec\u00eda esta nave. Antes foi unha empresa de construci\u00f3n e despois estivo como dez anos baleira\u201d, contan desde o CSOA. \u201cDespois intentouse facer un proxecto de teatro, a Sala Montiel, pero acabou pechando no ano 2017\u201d.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-10 wp-block-paragraph\"><strong>Agora a nave \u00e9 propiedade dun construtor, Jorge Devesa, que quere derrubala para constru\u00edr apartamentos tur\u00edsticos. Para o colectivo isto implica m\u00e1is cemento e menos barrio, unha mostra de como os espazos hist\u00f3ricos e colectivos acaban ao servizo de intereses individuais.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-11 wp-block-paragraph\"><strong>\u201cOcupamos este edificio porque \u00e9 un exemplo do que lle est\u00e1 a pasar a Compostela. Non estamos entrando no espazo dunha veci\u00f1a, sen\u00f3n dun especulador que quere facer cartos a base de expulsar a veci\u00f1anza do barrio\u201d, alegan as persoas que forman parte do colectivo A Mi\u00f1oca. \u201cQueremos crear un espazo onde as veci\u00f1as, a rapazada e xente de toda a cidade poida vir, atoparse e crear comunidade sen necesidade de consumir. Buscamos dar resposta a esa necesidade\u201d, afirman en conversa con O Salto.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-12 wp-block-paragraph\"><strong>Dende A Mi\u00f1oca lembran que Compostela non ten moitos sitios onde as s\u00faas habitantes poidan pasalo ben sen gastar cartos. Os poucos lugares colectivos que a\u00ednda hab\u00eda, como a Casa do Peixe e a Casa Encantada no mesmo barrio de Sar, ou Matadoiro e o CSOA Eskarnio e Maldizer, est\u00e1n pechados, con este \u00faltimo tapiado hai poucos meses.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-13 wp-block-paragraph\" style=\"font-size:clamp(14px, 0.875rem + ((1vw - 3.2px) * 0.11), 15px);\"><strong>*Portas abertas para todo o que queira achegarse<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-14 wp-block-paragraph\"><strong>Durante a entrevista, un veci\u00f1o ach\u00e9gase ata o local para avisar, preocupado, que onte algu\u00e9n do colectivo deixara as chaves na porta por f\u00f3ra e que te\u00f1an coidado. Non \u00e9 o \u00fanico que semella querer que o proxecto funcione. Desde A Mi\u00f1oca fan un labor moi activo para darse a co\u00f1ecer no barrio, preguntando as veci\u00f1as que pensan e asegur\u00e1ndose de que non hai opacidade arredor do centro.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-15 wp-block-paragraph\"><strong>De feito, cando o colectivo sa\u00edu polas r\u00faas do barrio para presentarse, de cada quince portas que petaban, catorce abr\u00edanse cun sorriso. Unha realidade que pouco ten que ver co relato que se est\u00e1 a constru\u00edr desde alg\u00fans medios.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-16 wp-block-paragraph\"><strong>\u201cO outro d\u00eda hab\u00eda unha xornalista da TVG que parec\u00eda querer forzar que a se\u00f1ora \u00e1 que estaba a entrevistar dixera que os okupas est\u00e1n mal, pero non o consegu\u00edu\u201d, comentan. \u201c\u00c9 m\u00e1is, xusto est\u00e1 ma\u00f1\u00e1, por exemplo, estabamos a tomar o sol na porta e unha muller duns sesenta anos pasou por diante. Ao vernos, d\u00edxonos que estaba encantada e que podiamos contar con todo o seu apoio. \u00c9 posible que esta acollida sexa en parte porque aqu\u00ed permanece o recordo doutros centros como a Casa do Peixe que fixeron moita vida de barrio\u201d.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-17 wp-block-paragraph\"><strong>Cada xornada entran polo menos d\u00faas persoas novas para co\u00f1ecer o centro, preguntar polo proxecto ou ofrecer a s\u00faa axuda. O colectivo di que se aprenden sempre os nomes das persoas que se achegan ata al\u00ed ou coas que falan. Tam\u00e9n procuran preguntar polos seus oficios e cantos anos levan no barrio. \u201dTemos que acordarnos delas, que son as nosas veci\u00f1as\u201c, din cun sorriso.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-18 wp-block-paragraph\"><strong>Para o colectivo tam\u00e9n \u00e9 importante que o espazo sexa realmente interxeracional, con xente de todas as idades sent\u00edndose a gusto nel. Que o centro estea conformado por toda clase de persoas \u00e9 o que lles d\u00e1 esperanza de facer barrio.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-19 wp-block-paragraph\"><strong>\u201cO outro d\u00eda, por exemplo, foi moi guai porque unha nai entrou coa s\u00faa filla, que debe estudar no colexio que est\u00e1 enfronte. A nai contounos que a nena ti\u00f1a interese por saber que estaba pasando aqu\u00ed, as\u00ed que decidiu achegarse con ela para que observase por si mesma\u201d, explican. \u201cE foi xenial porque deconstru\u00edmos totalmente a imaxe de okupas violentos que dan nos medios. Estabamos merendando no medio dunha asemblea\u201d.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-20 wp-block-paragraph\" style=\"font-size:clamp(14px, 0.875rem + ((1vw - 3.2px) * 0.11), 15px);\"><strong>*Existindo sen pedir permiso<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-21 wp-block-paragraph\"><strong>O discurso contra a okupaci\u00f3n leva anos sendo moi ruidoso. Os medios repiten a palabra \u201dokupa\u201c coma se fose sin\u00f3nimo de ameaza, pero as persoas que abriron A Mi\u00f1oca saben que a realidade \u00e9 outra. \u201dAo final o que se est\u00e1 facendo \u00e9 criminalizar a pobreza\u201c, din. \u201cMentres algu\u00e9n cun chaveiro cheo pode ter a propiedade de media cidade sen que iso apareza nos telexornais como un esc\u00e1ndalo, n\u00f3s temos vinte e dous anos, estudamos unha carreira, temos traballo e precisamos tres meses de fianza e un aval para conseguir un piso por mil euros, e diso non se fala como algo terrible\u201d.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-22 wp-block-paragraph\"><strong>Ante esta situaci\u00f3n, a okupaci\u00f3n, explican, non \u00e9 s\u00f3 unha necesidade pr\u00e1ctica sen\u00f3n tam\u00e9n unha posici\u00f3n pol\u00edtica. En Galiza existe unha tradici\u00f3n de propiedade comunitaria no rural, como son os montes en man com\u00fan, e desde a Mi\u00f1oca preg\u00fantase por que non pode existir nos espazos urbanos\u2026<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-color has-link-color wp-elements-23 wp-block-paragraph\" style=\"color:#1c19a2\"><strong>Art\u00edculo completo:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-black-color has-text-color has-link-color wp-elements-24 wp-block-paragraph\" style=\"font-size:11px\"><strong>&#8211;<a href=\"https:\/\/www.elsaltodiario.com\/santiago-de-compostela\/csoa-minoca-creando-barrio-especulacion-inmobiliaria\">https:\/\/www.elsaltodiario.com\/santiago-de-compostela\/csoa-minoca-creando-barrio-especulacion-inmobiliaria<\/a><\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Movimiento Popular: Centros Sociales Okupados y Autogestionados -CSOA A Mi\u00f1oca, creando barrio contra a especulaci\u00f3n inmobiliaria Abre as portas en Santiago de Compostela un novo centro social autoxestionado, o \u00fanico &#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":125467,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[106],"tags":[131,124,470],"class_list":["post-125466","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-antirrepresivas","tag-difusion","tag-muro-solidaridad-y-denuncia","tag-okupacion"],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/www.presos.org.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/125466","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/www.presos.org.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/www.presos.org.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/www.presos.org.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/www.presos.org.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=125466"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/www.presos.org.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/125466\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":125469,"href":"http:\/\/www.presos.org.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/125466\/revisions\/125469"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/www.presos.org.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media\/125467"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/www.presos.org.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=125466"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/www.presos.org.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=125466"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/www.presos.org.es\/index.php\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=125466"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}