Entrevista con ‘Mero’ Iglesias Dobarro, del grupo de música popular A Quenlla: “El derecho de expresión se arruga con una canción de Hasél ¡manda carallo!”.

Foto «Mero» Iglesias Dobarro.

Música popular y combativa.

Entrevista a Mero Iglesias, de A Quenlla

Por Paco Cela

El derecho de expresión se arruga con una canción de Hasél ¡manda carallo!”

“Todo está manipulado y amañado de tal manera que los que más mienten triunfan. Esto también ocurre en otros ámbitos como la política”

Baldomero Iglesias Dobarro, Mero, es uno de los cantantes y poetas gallegos más reconocido de la cultura gallega contemporánea desde la banda Fuxan os Ventos entre 1972 y 1983, y después con Xosé Luís Rivas Cruz (Min), en el grupo A Quenlla, con el que se dedicó a recopilar cantos, bailes, leyendas y refranes que hoy forman parte del Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela.

Nacido en Villaba ejerció su profesión de maestro en más de una decena de colegios de las provincias de Lugo y A Coruña hasta su jubilación. Su labor a favor de la lengua y la literatura gallega ha sido inconmensurable.

Pregunta. Para los lectores del resto del Estado que aún no os conocen, ¿me puedes apuntar en que contexto político y socio cultural nace Fuxan os Ventos, con qué planteamientos artísticos y estéticos?

Respuesta. Nace Fuxan os Ventos no ano 1972, quizais un pouco antes, en pleno franquismo entre unha xente nova efervescente que vai apostar por cantar en idioma galego -aínda tarda un tempo en decantarse este aspecto con rotundidade- e con música da nosa poesía actual e da nosa certa tradición comunicativa e non tanto espectacular, en temas sociais de interese nos tempos que corrían e de exclusión dun silencio abafante. Algo que, loxicamente, non sentou ben aos que mandaban e que nos facían traducir textos para a censura e poñían todas as trabas habidas e por haber.

Foto. Discografía de A Quenlla.

P. Fuxan os Ventos muere en plena ola de éxito. Un tiempo después nace A Quenlla. ¿Cómo fue ese proceso? ¿Se podría decir que A Quenlla profundiza la línea del Pueblo, para y con el pueblo?

R. Son procesos de depuración que sempre se dan co tempo. Non é doado manter unha estrutura e vanse producindo cambios, prioridades, afeccións políticas económicas, novas circunstancias persoais de destino, familia, etc que condicionan a estabilidade non só do grupo senón tamén da idea que motivou ese grupo de acción e intervención social, como no caso de A Quenlla.

Na Quenlla perduran persoas excindidas de Fuxan e recollen a testemuña inicial de Fuxan, ampliando os textos de autorías “de auga limpa” e interesándose en intervir na nova dinámica “autonómica” que constrinxe os dereitos de Galiza, tanto nos ámbitos culturais e lingüísticos como de recuperación e protagonismo que lle corresponde, para poder ser quen somos.

P. En vuestra música, conciertos y charlas siempre se pone de manifiesto que, en importantes sectores populares, existe verdadera hambre por redescubrir las raíces que nos hacen ser lo que somos. ¿Cómo explicar entonces que en nuestra tierra nuestra cultura sen tan desconocida?

R. A nosa cultura é a eterna descoñecida, como tamén o é a nosa Historia. Aínda están por contar, por redactar da man doutras persoas que non teñan interese en deformala. Poñendo as cousas no seu sitio, tal como merece o rigor da verdade. Nós non somos subsidiarios de nada, somos propietarios do noso. Non desprezamos nada nin a ninguén, mais queremos ser en propiedade os donos do noso destino, as persoas que xestionemos a orixe que temos, a paisaxe, o encontro, a cultura.

P. ¿En ese desconocimiento ha podido influir el tipo de Transición que se llevó acabo en este país?

R. A transición non transitou nin nos trouxo nada novo, os cambios son escasos e mínimos, propios do vagar dos tempos que obrigan a executar novas andainas. Faltou sempre un carácter comprensivo e inclusivo dun Estado que se cre o embigo do mundo. E iso sempre fracasou, segundo a Historia nos conta. Sempre semella andamos a pedir esmola, os recoñecementos son escasos, todo chega tarde e mal, deteriorado. As nacións do Estado, todas elas, necesitan o seu espazo sen que o Estado llo roube, como vén sendo habitual e notorio.

As leis están deformadas en cuestións que deberan ser equitativas e harmónicas, propias dunha maioría de idade que alá, nas oficinas da administración que dá os caros, na lonxanía non acadaron. Os repartos son inxustos, os servizos tamén, a protección non existe, a comprensión tampouco.

P. ¿De qué salud goza hoy el idioma y la cultura gallega?

R. As estatísicas están feitas para disimular os datos, o idioma estase perdendo. Eu son excepcional testemuña deste feito, vivo no medio rural e vexo como a xente nova e aquí, lugar de garda desta lingua durante séculos, descoñece cada vez máis esta Lingua, antecesora doutras que presumen a súa historia, e non recoñecen o mérito inviolable da comunicación para o verdadeiro entendemento. Pérdense vocabularios e expresións en favor de linguas alleas, pérdense o poder de institucións propias -non vou dar nomes para non avergoñalos- que se someten ás subvencións e calan os datos fatídicos dunha imposición, (na escola, nos medios de comunicación, nos ámbitos de empresa, etc) que son dramáticos e non ofrecen sequera o soño da recuperación urxente.

P. Vosotros siempre vais allí donde el movimiento popular os requiere, participáis en actos de apoyo a los presos políticos, etc. ¿Qué peaje os ha cobrado el Sistema por ejercer la Solidaridad y el Internacionalismo?

R. A peaxe destas circunstacias que citas é enorme: non existimos. Aquí pervive quen non se move para saír na foto, aquela xente da cultura -non só músicos e cantores- que ten un posicionamento veraz e crítico coas que nos están chovendo, sae das programacións, dos titulares. Todo está manipulado e argallado de tal xeito que triunfen os que máis menten. Iso sucede tamén noutros ámbitos como a política, os premios literarios, os premios e medallas de recoñecementos varios.

Nós, como grupo A Quenlla, xa estamos afeitos a que pasen de nós, a que ninguén no vexa, a que gocemos desa invisibilidade aparente que noutros casos con compañeiras e compañeiros, sen ánimo de disconformidade ou discrepancia, aceptan tragar sapos a cambio de modificar o discurso, calar en aceptacións humillantes, mestizaxes e comportamentos de aparencia que deforman a nosa esencia e existencia.

P. Cómo músico comprometido, ¿que valoración te merece que Pablo Hasél esté en la cárcel y Valtónyc en el exilio por el tremendo delito del contenido de sus canciones?

R. Calquera deles son o exemplo eficaz do que che viñen contando ao longo desta entrevista. As cousas cambiaron pouco ou non cambiaron, son todo fachada.

O dereito de expresión vese engurrado por unha canción de Hasél ou Valtónye, manda carallo! É o mesmo que lle pasou a Suso Vaamonde, xa hai un tempo, por cantar unha copla que falaba dos mesmos fillos de puta que seguen a gobernar sen trocar as cousas e sen poñer en orde dignidade o orgullo de ser e o dereto de vivir, ou quizais semellante a aqueles tempos, da ditadura, en que tiñamos que traducirlles aos da censura as letras nosas ao castelán para que entendesen e consentisen, se crían oportuno, o dereito que sempre nos asistirá por nacer aquí. Xa pasou o tempo, verdade? Pois alá, nos confíns das oficinas ministeriais e dos parlamentos que se insultan, tamén nos nosos parlamentos, aínda non o entenderon. Será que non nos representan.

Publicada en “El Otro País”, nº 101, de febrero-marzo 2022.

Un comentario sobre “Entrevista con ‘Mero’ Iglesias Dobarro, del grupo de música popular A Quenlla: “El derecho de expresión se arruga con una canción de Hasél ¡manda carallo!”.

  1. Seguir Contestar

    Teño un grande agarimo, cada vez que meus ollos ATOPAN
    #PRES.O.S# A vós, que sodes o meu soño e, miña alegría! Pablo Hasél liberdade! Liberdade a todos os pres@s COMUNISTAS ANTIFEIXISTAS. AMNISTÍA TOTAL!!

Responder a Seguir Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.